top of page

Situación actual.

Xestión de Autopromoción, S.L. na actualidade ten 2 parcelas que vai xestionar nos vindeiros meses por medio de cooperativas de vivenda dentro do Polígono Residencial de Navia na ampliación que actualmente esta a desenvolver o IGVS por medio da UTE de constructoras DRAGADOS / CONSTRUCCIONES RAMÍREZ, SA.

Para dito procedemento de acceso á cooperativa inicia formalmente a captación de interesados en recibir a información precisa para formar parte deste proxecto.

 

De igual xeito, Xestión de Autopromoción, S.L. ten 1 parcela no contornod de NAVIA, concretamente na Rúa Cañiza, para a construción dun edificio de 43 vivendas en altura, nun edificio con zonas privadas ao seu carón. Para este proceso constituirá unha cooperativa nos vindeiros meses e procederá á contratación de obra e inicio da mesma, unha vez obtida a licenza de obra e o financiamento bancario para o desenvolvemento da promoción.

 

Finalmente, a Xunta de Galicia, por medio do IGVS vai realizar un concurso onde se vai proceder á adxudicación dun determinado número de parcelas que se adxudicarán por medio dun procedemento aberto, concurso, onde vaise priorizar a figura da CESIÓN DE USO. 
 

GettyImages-170961885.jpg

CESIÓN DE USO

Que é a cesión de uso?

Por medio da cesión de uso, a cooperativa que promove o edificio, cede aos usuarios, normalmente os seus socios, o dereito de uso dun espazo, normalmente unha vivenda, por un tempo e nunhas condicións determinadas.
Por medio deste sistema as cooperativas optan a solos públicos no coñecido como DEREITO DE SUPERFICIE. Por medio de dito dereito o que se consegue é a cesión dun dereito de uso sobre un solar durante un tempo determinado por medio do pagamento dun canon periódico por dito uso. Ao final deste tempo o edificio revirte no titular do solo dando por extinguido dito dereito.

Tes algunha dúbida sobre isto?

QUEN É XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L.

XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L. XESTA, é unha empresa especializada en xestión de cooperativas de vivenda, formada por persoal con experiencia no sector, e que abarca ás distintas áreas da autopromoción inmobiliaria: técnica, xurídica, comercial e financeira.

O seu persoal ten experiencia no asesoramento e realización de todolos procedementos necesarios para levar a cabo o proxecto de construción e adxudicación de vivenda, así como na negociación con todolos actores implicados (socios, banca, empresas construtoras, técnicos, compañías de seguros, Administracións Públicas, etc.).

Conta co aval dos proxectos realizadas nas principais cidades de Galicia, sólidos coñecementos lexislativos, do sector da construción, das AA.PP., da normativa urbanística e de edificación, aspectos contables e financeiros, etc.

 

O obxectivo final que impulsa a todo o equipo é axudar á Cooperativa a desenvolver o seu obxecto e acadar o seu obxectivo: vivendas de calidade, a prezo de custo e coa maior satisfacción dos socios da cooperativa. Todo isto, coa garantía que a profesionalidade e o rigor técnica, aportan a todolos actores relacionados coa promoción, dende a constitución inicial da empresa ata a súa disolución tras a entrega das vivendas.

VIVENDAS UNIFAMILIARESNOVA URBANIZACIÓN XUNTA.png

Unifamiliar (adosados/pareados)

Parcelas dentro do PAU DE NAVIA

BOULEVAR  NOVA URBANIZACIÓN XUNTA.png

Residencial en Altura (VPA)

Parcelas dentro do PAU DE NAVIA

RESIDENCIAL FINCA ROSALIA.png

Residencial en Altura (Libre)

Parcelas fora do PAU DE NAVIA

XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L. XESTA, atópase na actualidade na fase de captación de socios para as promocións vindeiras na contorna de Navia para o que busca xente interesada en formar parte das mesmas.

bottom of page